Secretaría Uvigo

Novidades

18
Mar
2021
Actualización da Secretaría Online e erros corrixidos

O martes 16 de marzo fíxose unha actualización tecnolóxica importante nos sistemas e programas que soportan o funcionamento da Secretaría Online. Estas actualizacións son necesarias de cara a manter a necesaria seguridade nas aplicacións corporativas e asegurar a súa sostenibilidade a futuro.

Aínda que a aplicación pasa unha fase de probas exhaustiva antes de ser posta a disposición dos usuarios, é posible que se produzan erros que podan pasarse por alto nestas probas. A continuación informamos dos erros que xa están resoltos:

  • Acceso á aplicación a través de Eduroam
  • Acceso a Docnet
  • Acceso a Suxi
  • Certificados de docencia
  • Certificados de folla de servizos
  • Envío de algúns formularios nalgunhas partes da aplicación
  • Retardos na entrega de SMS
  • Visualización de algúns informes do Portal de Transparencia

Todos estes erros están corrixidos.

Se fose detectado algún erro adicional, pregamos nos envíen a incidencia a través da ligazón que aparece no pé da páxina.

Atrás