Novidades
18
Mar
2021
Actualización da Secretaría Online e erros corrixidos
O martes 16 de marzo fíxose unha actualización tecnolóxica importante nos sistemas e programas que soportan o funcionamento da Secretaría Online. Estas actualizacións son necesarias de cara a manter a necesaria seguridade nas aplicacións corporativas e asegurar a súa sostenibilidade a futuro.
Aínda que a aplicación pasa unha fase de probas exhaustiva antes de ser posta a disposición dos usuarios, é posible que se produzan erros que podan pasarse por alto nestas probas. A continuación informamos dos erros que xa están resoltos:
- Acceso á aplicación a través de Eduroam
- Acceso a Docnet
- Acceso a Suxi
- Certificados de docencia
- Certificados de folla de servizos
- Envío de algúns formularios nalgunhas partes da aplicación
- Retardos na entrega de SMS
- Visualización de algúns informes do Portal de Transparencia
Todos estes erros están corrixidos.
Se fose detectado algún erro adicional, pregamos nos envíen a incidencia a través da ligazón que aparece no pé da páxina.