Secretaría Uvigo

Recomendacións ao alumnado sobre os cuestionarios síncronos (IMPORTANTE CONSULTAR)

  • Antes da proba deberías ter a información precisa para facer o exame: día, hora, tempo límite, intentos... Se non é así, contacta co coordinador/a da materia.
  • O día da proba, verifica con suficiente antelación a túa conexión a internet, busca o lugar con maior cobertura...
  • Accede á plataforma durante os 15 minutos anteriores ao comezo da proba e accede só ao curso en cuestión, non abras outras materias en FaiTIC para evitar interferencias. 
  • Le atentamente as instrucións que che dea o profesor/a antes de comezar a proba.
  • IMPORTANTE: durante a proba, non empregues os botóns Adiante/Atrás do navegador, xa que se poderá perder información.
  • IMPORTANTE: nos cuestionarios en Claroline con tempo límite, se sobrepasas o tempo o sistema por defecto ponche un 0. É recomendable que se fas un cuestionario nesta plataforma, poñas unha alarma e teñas un reloxo preto para non sobrepasar o tempo.
  • En Claroline, cando premes no título do cuestionario aberto, estarás xa dentro do intento. Na parte superior aparecerache o tempo máximo permitido e o tempo actual (parte de 0 seg. e vai indicando o tempo que invirtes en facer a proba).
  • Nos cuestionario en Claroline, ao rematar, e antes de que finalice o tempo límite, non esquezas premer o botón de "enviar todo e finalizar" para que o sistema recolla o teu intento.
  • Para consultar a nota ou revisar o intento, vai depender de como teña configurado o profesor/a o cuestionario. Con algúns poderás ver a nota e revisar o intento inmediatamente e, noutros, terás que agardar a que o profesor/a o poña visible.

Atrás