Secretaría Uvigo

É a primeira vez que accedo a Faitic

Se é a primeira vez que accedes a Faitic, terás que establecer un contrasinal de acceso nesta ligazón:

https://faitic.uvigo.es/index.php/gl/component/users/?view=reset

Introduce os seguintes datos:

* Nome de usuario/a:

  • Para o estudantado: número do DNI (sen incluír a letra nin outros signos de puntuación). Para o estudantado estranxeiro, o nome de usuario é o número do NIE/pasaporte.
  • Para o profesorado: adoita ser a primeira parte do correo electrónico da UVigo (antes da arroba). Se non se non che vai ou non estás seguro/a, consúltao aquí: https://faitic.uvigo.es/index.php/es/component/users/?view=remind

* Enderezo de correo electrónico:

  • Para o estudantado: o facilitado na secretaría no momento da matrícula. Se xa tiñas unha conta creada en Faitic, o que está asociado a túa conta.
  • Para o profesorado: o facilitado no momento da alta.

Se tes dúbidas sobre algún destes datos, contacta co servizo a través do correo electrónico soporte.faitic@uvigo.es.

Despois de premer en "enviar",recibirás un correo electrónico cun código de verificación e as instrucións precisas para establecer un contrasinal. Se non recibes este correo na bandexa principal, revisa a bandexa de spam ou correo non desexado.

Atrás