Secretaría Uvigo

Cales son as principais novidades da última actualización de Moodle?

A plataforma Moodle vénse de actualizar neste segundo cuadrimestre do curso 2022-23. As principais novidades son as seguintes:

  • Amosar as datas de actividade. Se se activa, amosa as datas das actividades na páxina principal da materia debaixo cada actividade. Tes que habilitalo desde "editar os axustes" do curso, no apartado Apariencia escolle "Si" en "Amosar as datas de actividade".
  • Amosar as condicións de realización da actividade. Se se activa, amosa na páxina principal do curso as condicións de realización debaixo de cada actividade. Tes que habilitalo desde "editar os axustes" do curso, no apartado Seguimento de completado escolle "Si" en "Amosar as condicións de realización da actividade".
  • Completado de actividade mellorado. Agora permite filtrar por tipos de actividades e recursos e ordenalos pola orde de aparición no curso ou por orde alfabética.
  • Melloras en H5P e banco de contidos: 
    • dentro dun contido do banco, o profesorado pode ocultalo ao marcalo como "facer sen listar";
    • unha nova columna no banco de contido amosa o número de veces que un elemento está enlazado ("lugares ligados");
    • sae unha alerta cando un contido enlazado está a punto de ser eliminado, explicando o que sucederá. 
  • Melloras nas probas/cuestionarios:
    • pódese configurar a proba para que o alumnado a marque como completada se o alumnado realiza X tentativas;
    • melloras na pregunta de tipo ensaio. Agora pódese especificar un número mínimo e máximo de palabras na configuración deste tipo de pregunta.
  • Melloras nos foros:
    • posibilidade de destacar e fixar un tema de debate;
    • responder en privado a unha mensaxe;
    • bloquear un debate;
    • desde a configuración do foro, o profesorado pode acceder a un "informe resumido" dese foro no que aparece por cada estudante, o número de debates publicados, o número de respostas, o total de anexos, o número de vistas, o reconto de palabras, o reconto de caracteres, a publicación máis antiga e a máis recente, e permite exportar as publicacións de cada estudante.
  • Amosar cartafol. Os ficheiros HTML e as imaxes do cartafol poden verse directamente no navegador sen ter que descargarlos.
  • Novo bloque de "Acción Masiva": permite ao profesorado eliminar, duplicar, mover, amosar ou ocultar nun único paso calquera dos recursos e/ou actividades do curso (preme aquí se queres máis información).

Máis información en: https://docs.moodle.org/all/es/Nuevas_caracter%C3%ADsticas_de_Moodle_3.11

Ponte en contacto con soporte.moovi@uvigo.gal se precisas máis información ou tes algunha dúbida.

 

Atrás