Secretaría Uvigo

Podo ter a miña materia duplicada en Moodle e en Claroline este curso?

Debido á situación de excepcionalidade que estamos vivindo, estamos permitindo ao profesorado que ten materias en Claroline, abrir a materia tamén en Moodle para temas de avaliación, xa que Moodle dispón de máis ferramentas de avaliación e ofrecen máis posibilidades que as de Claroline.

- Que debo facer para solicitar a alta en Moodle da miña materia?

Debes enviar un correo a soporte.faitic@uvigo.es indicando o código da materia e a data na que desexas que esa materia apareza visible para o alumnado (aínda que esta data podes modificala posteriormente se o desexas). Se a túa materia ten outros códigos asociados, debes indicalo.

- Como lle vai aparecer o espazo de Moodle ao alumnado?

Ao alumnado apareceralle a materia duplicada co mesmo título e código, terá 2 accesos independientes, un para Claroline (como ata agora) e outro para Moodle.

É recomendable que cando se abra o espazo en Moodle, se lle comunique ao alumnado para que se vai empregar ese espazo, en que datas etc.

Atrás