Secretaría Uvigo

Como importar os contidos dunha materia en MooVi para outra?

Podes copiar os contidos dunha materia en MooVi para outra seguindo estes pasos:

  1. Accede á materia en MooVi na cal queres incorporar os contidos.
  2. Unha vez dentro, preme no menú de accións da dereita e escolle a opción «Importar».
  3. Selecciona o curso que desexas importar e preme en «Continuar» (se tes moitos cursos e non aparece na listaxe, podes buscalo no cadro de «Buscar» polo código ou nome).
  4. A pantalla «Axustes iniciais» amosa o tipo de datos a importar. Preme en «Seguinte».
  5. No paso «Axustes do esquema» debes deixar marcados os recursos/actividades que desexas importar. IMPORTANTE: desactiva o cadro do «Foro de novas» («Anuncios») para evitar duplicalo. Preme no botón «Seguinte» para continuar co proceso.
  6. Na pantalla «Confirmación e revisión» amósase un resumo dos elementos a importar. Se todo é correcto preme no botón «Facer a importación».
  7. Unha vez rematado o proceso, aparecerache unha mensaxe indicando que a importación foi realizada correctamente. Premendo en "Continuar", volves ao curso no que deberías ter importados os contidos seleccionados.

Tes a túa disposición unha guía e un vídeo coa descrición detallada de todo este proceso.

 

Atrás