Secretaría Uvigo

Xa podo conectarme de modo seguro. Como accedo ao meu ordenador?

Comproba no PULSE SECURE que esteas conectado.

Emprega a tecla de Windows do teu PC e escribe MSTSC no cadro de busca e preme no Intro.

Introduce o enderezo IP do teu equipo e preme no botón Conectar.

Iniciarase a conexión remota e terás que proporcionar as túas credenciais: o teu nome de usuario e o contrasinal que normalmente empregas para empezar a traballar no teu ordenador da oficina.

Atrás