Secretaría Uvigo

Como pode enviar o estudantado un vídeo ou ficheiro grande a Faitic?

A operativa aconsellada e a seguinte:

  1. O profesorado crea unha tarefa en Faitic que sirva para que o/a estudante suba unha LIGAZÓN ao seu vídeo ou ficheiro grande.
  2. O/A estudante coloca o vídeo ou arquivo grande en OneDrive e compárteo, para o que precisa crear unha LIGAZÓN.
  3. O/A estudante sube a ligazón á tarefa de FaiTIC.

Para poder facer este proceso, o estudantado necesita ter unha conta de microsoft (inclúe OneDrive de xeito gratuíto) ou empregar a conta gratuita de Office365 de Microsoft que lle facilita a UVigo.

Podes acceder a titoriais e videotitoriais na secretaría virtual da Uvigo.

SecretariaVirtualAxuda

Videotitorial para compartir vídeo ou ficheiro grande en OneDrive:

https://www.youtube.com/watch?v=nGSr3POpQ7o

Darse de alta e empregar Office365 e OneDrive:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/19

Atrás