Secretaría Uvigo

Quero dar de alta unha materia en POD en Faitic

  • Se es PDI, estás rexistrado en Faitic e queres dar de alta unha materia en POD, simplemente accede a Faitic cos teus datos e vai á ligazón da esquerda “Datos en POD”. Aí deberá aparecer a listaxe de materias do teu POD. Se algunha das túas materias non está dada de alta en Faitic, aparecerá unha ligazón a "Crear en Faitic". Preme nela e na seguinte páxina escolle a plataforma que desexas utilizar, o curso ao que pertence e as datas de inicio e fin. Por último, preme no botón "Crear materia". No caso de que a materia xa figure dada de alta (porque a solicitou outro profesor ou profesora, por exemplo) terás a opción "Inscribirme". Con calquera destas dúas opcións, poderás acceder automaticamente á materia na plataforma de teleformación de Faitic.

Atrás