Secretaría Uvigo

Non podo acceder a Faitic

Se tes unha conta creada en Faitic e non podes acceder, preme na seguinte ligazón:

https://faitic.uvigo.es/index.php/gl/component/users/?view=reset

Tes que introducir os seguintes datos:

* Nome de usuario/a:

  • Para o estudantado: número do DNI (sen incluír a letra nin outros signos de puntuación). No caso do estudantado estranxeiro, o nome de usuario é o número do NIE/pasaporte.
  • Para o profesorado: adoita ser a primeira parte do correo electrónico da UVigo (antes da arroba), pero se non che vai ou non estás seguro/a, podes consultalo aquí: https://faitic.uvigo.es/index.php/es/component/users/?view=remind

* Enderezo de correo electrónico:

  • Para o estudantado: o facilitado na secretaría no momento da matrícula. Se xa tiñas unha conta creada en Faitic, é o que está asociado a túa conta.
  • Para o profesorado: o facilitado no momento da alta.

Se tes dúbidas sobre algún destes datos, contacta co servizo a través do correo soporte.faitic@uvigo.es.

Despois de premer en "enviar", recibirás un correo electrónico cun código de verificación e as instrucións precisas para establecer un contrasinal. Se non recibes este correo na bandexa principal, revisa a bandexa de spam ou correo non desexado.

Atrás