Secretaría Uvigo

Ao consultar o meu expediente algunhas cualificacións aparecen cun asterisco

Cando o profesorado introduce as cualificacións nunha acta, estas son aínda provisionais. O profesorado pode realizar a notificación aos móbiles e os estudantes podedes consultar estas notas, antes da revisión do exame, na secretaría virtual.


Estas notas provisionais estarán marcadas cun asterisco (*) ao pé da cualificación e, xa que aínda poden sufrir variacións non forman parte aínda do expediente académico. A cualificación só pasará ao expediente unha vez que o profesor peche a acta, facendo así que as cualificacións sexan definitivas, e a entregue na Secretaría do centro.

Atrás