Dúbidas do profesorado

As materias ás que o profesorado ten acceso vén determinadas polo POD, así que o primeiro paso será comprobar se realmente está ben asigando en POD:

  • Secretaría virtual do PDI -> Menú "Planificación" -> Opción "POD"

Se no POD non está ben asignada a materia ou o grupo, deberá porse en contacto co Departamento responsable da mesma para que se actualice.

Se a asignación está ben feita en POD hai que ter en conta que existen varios listados de alumnos, dependendo de se a materia é por grupos (por exempolo Graos de Industriais) ou non.

  • Secretaría virtual do PDI -> Menú "Matrícula e actas":
    • Listaxes de alumnos/as
    • Listaxes de alumnos/as por grupo
    • Listaxe de Alumnos de Dec/Ext (Para convocatoria de Decembro e Fin de Carreira)
    • Listaxes de alumnos/as por estudo/grupo (Permite filtrar antes a titulación)

Se ten correctamente asignada a materia e o grupo de docencia en POD pero non lle aparece en ningún dos listados de alumnos entón poderá enviar unha incidencia.

Ir á FAQ