Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para o inicio de estudos universitarios no curso 2016/2017 nas universidades do SUG

Bolsas e axudas

04-10-2016 hasta: 04-11-2016

Con data do 4 de outubro de 2016, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou a Orde pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2016-2017 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 5 de outubro ata o 4 de novembro de 2016, ambos inclusive.

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención de formularios, as personas interesadas poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico: 012@xunta.es

Se as dúbidas están relacionadas coa convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es

Requisitos dos/das solicitantes:

a) Acreditar unha cualificación nas PAU ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.

b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de países terceiros, cando se acredite a condición de residente en España. Quedan excluídos os que se atopen en situación de estadía.

c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016-2017 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.

d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total da matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 80/2016, do 23 de xuño (DOG nº 131, do 12 de xullo).

f) Que a renda da unidade familiar non supere os limiares establecidos na presente convocatoria.

g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.