Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Premios Incuvi-Avanza

Área de Emprego e Emprendemento

18-01-2016 ata: 17-04-2016

PREMIOS INCUVI AVANZA

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, convoca a 1ª edición dos Premios Incuvi-Avanza.

OBXECTO

Ampliar o apoio a aqueles proxetos empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados nas últimas 4 edicións dos premios INCUVI-Emprende.

PREMIOS
Subvención dos costes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos que se relacionan:

  • Campus de Ourense: Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense (CITI), 1 espazo.
  • Campus de Vigo: Parque Empresarial e Terciario Porto do Molle (Consorcio Zona Franca de Vigo), 1 espazo

PRAZO:

3 de febreiro de 2016, no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo dirixido á Directora da Área de Emprego e Emprendemento.

Máis información:

http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/