Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Instrución da xerencia relativa á segunda recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012

Información xeral

03-11-2015 ata: 03-11-2015

 

Con data 3 de novembro de 2015 publícase a Instrución da Xerencia para facer efectiva a retribución de carácter extraordinario en concepto de recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2015 ao persoal da Universidade de Vigo no marco do disposto na lei 11/2015, do 1 de outubro (D.O.G. 5 de outubro).

Conforme ao disposto na citada instrución as cantidades correspondentes á segunda recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 serán abonadas no último trimestre do ano, do seguinte xeito:

- Ao persoal que se atope en servizo activo no momento da aprobación da Instrución (novembro de 2015) de oficio.
- Ao persoal que non se atope en servizo activo lles serán abonadas previa solicitude, que deberá presentarse por rexistro.
- No caso de falecemento do empregado, os herdeiros deberán formular a solicitude, acreditando a súa condición, que deberán presentala por rexistro.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co Servizo no teléfono 986-813578 ou a través do correo electrónico consultanomina@uvigo.es