Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas da Xunta de Galicia para o inicio de estudos universitarios no curso 2015-2016

Bolsas e axudas

28-09-2015 hasta: 28-10-2015

Con data do 28 de setembro de 2015, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou a Orde pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2015-2016 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas, as personas interesadas poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no enderezo electrónico: 012@xunta.es

Se as dúbidas están relacionadas coa convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es

Requisitos dos/das solicitantes:

a) Acreditar unha cualificación nas PAU ou noutras ensinanzas que lles permita o acceso unha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.

b) Posuír a nacionalidade española, ou doutro país da Unión Europea ou de países terceiros, cando se acredite a condición de residente en España, e quedan excluídos os que estean en situación de estadía.

c) Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2015-2016 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.

d) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

e) Non estar incluídos nos casos de exención total da matrícula previstos no artigo 11 do Decreto 90/2015, do 18 de xuño (DOG nº 123, do 2 de xullo).

f) Que a renda da unidade familiar non supere os limiares establecidos na presente convocatoria.

g) Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.