Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

A lingua galega do cinema

Información cultural

31-10-2025 ata: 05-11-2025

 

Sesión 4: A lingua da diversidade e da creación 

Na cuarta sesión do ciclo, celebramos a forza do formato curto e a riqueza das voces que constrúen o cinema galego contemporáneo. Cinco propostas, cinco estilos, cinco maneiras de contar en galego:

  • Na pel da memoria, de Coral e Laura Piñeiro (unha reflexión sobre a identidade e a memoria corporal)
  • To bird or not to bird, de Martín Romero (animación irreverente e filosófica con humor e plumas)
  • Histeria do meu pequeno mundo, de Pablo Fontenla (un retrato íntimo e delirante da ansiedade e a rutina)
  • Pura, de Carmen Méndez (unha historia de forza e resistencia feminina)
  •  Abellón, de Fon Cortizo  (unha viaxe sensorial e poética arredor da natureza e o son)

Achégate a descubrir o cinema que nace na nosa lingua. Porque o galego tamén se expresa en formato curto.

Data:  5 de novembro (mércores)

Hora: 19.00 horas

Lugar: Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)

Máis info: https://novo.uvigo.gal/es/universidad/comunicacion/duvi/volve-ciclo-lingua-galega-cinema-oito-proxeccions-que-ponen-valor-producion-audiovisual-pais

 

O ciclo, organizado pola Área de Normalización Lingüística coa colaboración da Deputación de Pontevedra, constará de catro sesións con películas e curtametraxes galegas e posteriores coloquios e mesas redondas con algunhas das súas persoas protagonistas.