Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ante a actual convocatoria de sexenios e co obxectivo de priorizar o depósito das publicacións que se van presentar á dita convocatoria, solicitamos que todas aquelas persoas que teñan enviado ou vaian enviar ao repositorio Investigo documentos para achegar coa solicitude de sexenio, escriban un correo comunicándoo a investigo@uvigo.gal.
Os envíos que non estean relacionados cos sexenios serán tramitados en canto acabe o prazo da presente convocatoria.
Grazas e saúdos,
Teresita Aboal Somoza
Área de Repositorio Institucional
Universidade de Vigo
Biblioteca Central
Campus Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
986 813 821