Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID)

Formación de Profesorado

24-07-2024 ata: 08-10-2024

Prezados/as docentes:  

Comprácenos informar de que está aberto o prazo de inscrición para a II Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), organizada polas tres universidades galegas e cuxa segunda edición está coordinada pola Universidade de Santiago de Compostela.  

A nosa intención, xa dende a primeira edición, foi crear un punto de encontro entre docentes de educación superior de toda Galicia para poñer en común experiencias e para tecer redes de colaboración das que poidan xurdir interesantes proxectos de futuro. Por iso se estableceu como lema da xornada: Contextos universitarios transformadores: tecendo redes de futuro.  

A xornada conta con dúas modalidades: 

  1. Presencial, que terá lugar o vindeiro 14 de novembro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus Norte (USC). Para esa data temos preparado un interesante programa de actividades que durará todo o día.
  2. Póster virtual que se desenvolverá na plataforma virtual UDCAberta. Nela o PDI poderá participar en formato póster e a través de foros. A comisión de valoración elixirá os tres mellores pósteres de entre os presentados, os cales serán presentados polos seus autores e autoras no programa da xornada presencial.

 

Listamos a continuación as datas máis importantes que cómpre ter en conta:  

 

  • Prazo de inscrición ata o 8 de outubro de 2024. Acceso ao formulario Aquí
  • A partir do 08 de outubro. Envío de instrucións por parte da organización para o acceso á plataforma e para a defensa dos pósteres.
  • 9 - 15 de outubro. Subida e defensa de pósteres na plataforma UDCAberta.
  • 16 - 29 de outubro. Comentarios nos foros.
  • 30 de outubro. A comisión de valoración elixe os tres mellores pósteres.
  • 14 de novembro. Xornada presencial.

Na web da xornada http://www.xigaid.gal/ poden consultar toda a información sobre o programa e as bases de participación, así como atopar os nosos datos de contacto para calquera dúbida.   

Agardamos que esta iniciativa sexa do seu interese e que se animen a participar.