Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Publicación da convocatoria Erasmus+ KA131 para estudantado de doutoramento_curso 2024-25

Bolsas e axudas

18-06-2024 ata: 31-07-2025

Publicamos a convocatoria de bolsas Erasmus+ KA131 destinadas ao estudantado de doutoramento que desexe realizar unha mobilidade internacional no curso 2024-25.

Está aberto un primeiro prazo de solicitudes para o estudantado que inicie a estadía en 2024. Abrirase un segundo prazo en setembro para as mobilidades que se inicien a partir de xaneiro de 2025. 

A convocatoria e os anexos pódense consultar no portal de bolsas: 

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1375

Saúdos,