Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Descontos concertos Orquestra Clásica de Vigo

Información cultural

01-03-2024

Informámosvos de que, no marco do convenio entre a Universidade de Vigo e a Orquestra Clásica de Vigo, os membros da comunidade universitaria poden adquirir entradas cun prezo especial para o concerto que a orquestra ofrecerá o vindeiro 16 de marzo ás 20:30 h. no Teatro Afundación de Vigo.

As entradas pódense adquirir na seguinte LIGAZÓN

Para a aplicación do desconto, so hai que seleccionar a tarifa "Comunidade Universitaria UVIGO" no momento de adquirir as entradas.

Os concertos para violín e orquestra de J. S. Bach son obras fundamentais no repertorio para este instrumento. Son o resultado dunha extensa produción artística datada entre 1717 e 1739 da que só nos chegaron este tres exemplos: os concertos na menor, o meu maior e re menor, obras que de cando en cando temos a oportunidade de escoitar en conxunto.

Programa do concerto: 

Concerto para violín e orquesta en la menor, BWV 1041

I. Allegro

II. Andante

III. Allegro assai

Concerto para violín y orquestra en mi maior, BWV 1042 

I. Allegro

II. Adagio