Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal de Servizos Centrais e da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo

Prevención de riscos laborais

23-01-2023 ata: 01-02-2023

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal dos seguintes centros:

  • Edificio Exeria
  • Edificio Ernestina Otero
  • Edificio Miralles
  • Área de Transporte e Distribución
  • Área de Benestar, Saúde e Deporte
  • Facultade de CC Xurídicas e do Traballo

A petición da cita para a analítica farase a través da aplicación do Servizo de Prevención Alleo (CUALTIS).

TODO O QUE NECESITA SABER PARA PEDIR A CITA

  • Prazo para pedir cita: do 23/01/2023 ao 01/02/2023.
  • Onde se pide cita: CUALTIS https://bit.ly/3WuFdVB
  • Instrucións previas a súa cita https://cutt.ly/pn2w4K7
  • Guía para solicitar cita a través da web https://cutt.ly/9n2w2vH
  • Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Vixilancia da Saúde (Edificio Filomena Dato, planta baixa)
  • Onde pedir o bote para a recollida da mostra de urina: nas conserxerías do Edificio Exeria e da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo

Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.es

No caso de querer cambiar a cita da analítica solicitada (na web) ou a concertada para o recoñecemento médico (na enfermaría), debe chamar ao teléfono da enfermaría 986 813451.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814088.

Lembre que o recoñecemento médico periódico ten como finalidade analizar a posible repercusión sobre a saúde do persoal traballador e para isto é preciso que o traballador/a se someta ao exame de saúde e realice as probas que consideren necesarias os/as profesionais de medicina da saúde.