Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Publicación Actas de constitución e avaliación dos tribunais dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Concursos e Premios

29-11-2022 ata: 31-07-2023

Bo día,

Segundo o Anexo I da Convocatoria, que recolle os criterios de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, no punto 10 establécese o procedemento de actuación dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión.

Para dar cumprimento á mesma, procedemos no día de hoxe a publicar as actas de constitución dos tribunais de cada ámbito xunto co informe provisional de avaliación, tras o cal, abrirase un prazo de 5 días hábiles para que os solicitantes poidan formular alegacións, se as houbese. Este prazo de alegacións  abranguerá dende o 30 de novembro ata o 7 de decembro de 2022. Pódese consultar esta  información no taboleiro electrónico da Uvigo na seguinte ligazón:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=0E2691FE0C90A2C7C3696748BDD644D4?idtaskdata=29949530

e na páxina web da EIDO:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/930

  

Pode consultalo en https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/avisos/aviso/show/32947

  

Atentamente,

 

Escola Internacional de Doutoramento

 

e-mail: eido@uvigo.gal