Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Resolución convocatoria acción social fondo 2014

Información xeral

28-05-2015 ata: 26-08-2015

Con data de 28 de maio de 2015, publícase nos taboleiros de anuncios a Resolución Reitoral de 28/05/2014 pola que se resolve a convocatoria correspondente ás axudas de Fondo Social 2014.

 As persoas participantes, tal e como indica a base novena da convocatoria, poderán consulta o resultado da súa solicitude na Secretaría virtual da Universidade de Vigo (http://seix.uvigo.es), PDF 2013.

 As ditas listas con toda a información están a disposición das persoas participantes que así o acrediten no Servizo de Retribucións e Seguros Sociais.

 Na nómina deste mes de maio procederase ao ingreso das prestacións de acción social correspondentes á convocatoria 2014.

 O Real Decreto Lei 16/2013 de 20  de decembro deu unha nova redacción ao artigo 109 da Lei Xeral da Seguridade Social, pasando a computarse na base de cotización unha serie de conceptos retributivos que ata entón estaban excluídos, entre eles atópase a acción social. Por tal motivo, o persoal que no mes de maio de 2015 perciba remuneración en concepto de acción social, o seu importe estará incluído na base de cotización do citado mes.

 O Fondo de acción social 2014 repartirase entre 476 solicitantes. O importe total repartido en concepto de axudas do fondo social 2013 ascende á cantidade de 178.902,08 €, repartidos entre as seguintes axudas: 

  • Axuda 1. Atención a persoas con discapacidade física psíquica e/ou sensorial ou dependencia: 27.660,50€     
    • A contía máxima grao discapacidade entre > 33% e o 64% ou dependencia grao I: 474€      
    • A contía máxima grao discapacidade entre > 65% e o 74% ou dependencia grao II: 1.174€      
    • A contía máxima grao discapacidade > 75% ou dependencia grao III: 1.474€

 

  • Axuda 2. Coidado de fillas e fillos de 0 a 6 anos: 46.118,50€
    • A contía máxima por filla ou fillo de 0 a 3 anos: 494,30€
    • A contía máxima por filla ou fillo de 3 a 6 anos: 194,30€

 

  • Axuda 3. Estudos do persoal, fillas, fillos e cónxuxe ou parella de feito: 46.098,77€
    • A contía máxima por causante é de 127€

 

  • Axuda 4. Tratamentos de saúde do persoal, cónxuxe ou parella de feito, fillos e fillas: 59.023,61€     
    • A contía máxima por causante é de 185,30

 

  • Axuda 5. Axudas extraordinarias: 0€.