Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Ciclo de Formación en liña Web of Science (3-21 de outubro) (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

03-10-2022 ata: 21-09-2022

A Biblioteca informa que entre o 3 e o 21 de outubro de 2022 terá lugar o II Ciclo de Formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. O ciclo consta de 15 sesións en español gratuitas, de 75 minutos de duración (a maior parte en horario de mañá), dirixidas a estudantes, investigadores, bibliotecarios e usuarios de WOS.

INSCRIPCIÓN: Para asistir é preciso inscribirse con conta de correo institucional  e os datos persoais na seguinte ligazón: INSCRICIÓN

Os inscritos recibirán un correo de confirmación das sesións nas que se apunten, cun enlace de configuración do WebEx no seu equipo. Revise a carpeta de SPAM se non o recibe.

CERTIFICADO DE ASISTENCIA: Para obter o certificado de asistencia será necesario responder, durante a xornada de formación, ao 100% dos cuestionarios que o personal formador lanzará durante as sesións. Posteriormente, enviaráselle unha enquisa de satisfacción e, ao cabo de tres semanas, recibirán no correo institucional o certificado de asistencia de todas as sesións ás que acudan.

As xornadas poderán consultarse, pasados uns días, na web de FECYT e acceder ao material de formación ao día seguinte da celebración da xornada.

Máis información sobre os cursos:

https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/ii-ciclo-formaci%C3%B3n-online-web-science-03-21-de-octubre-2022

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36200 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.gal
Twitter @saibuvigo