Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Bo día,
En cumprimento do establecido no artigo 45 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de Premios extraordinarios de doutoramento para as teses lidas nesta Universidade no curso académico 2021-2022 que acadaran a cualificación “Sobresaínte Cum Laude”, abranguendo o período entre o 1 de setembro de 2021 ata o 31 de xullo de 2022.
O prazo de solicitudes dos candidatos comezará a partires do 19 de setembro de 2022.
Pode consultarse a convocatoria na seguinte ligazón:
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27089322
Atentamente,
- eido@uvigo.gal
- +34 986 813 442