Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornada Venres de Voluntariado

Información voluntariado

20-05-2022 ata: 20-05-2022

Bo día,

O día 20 de maio de 12:00 a 14:00 horas terá lugar a primeira Xornada Venres de Voluntariado.

As xornadas Venres de voluntariado, que se organizarán de forma periódica, constitúen unha ocasión para coñecer directamente os distintos programas de voluntariado que oferta a  Universidade de Vigo, tanto os programas propios coma aqueles organizados con entidades sociais.

O obxectivo desta xornadas é fomentar a realización de voluntariado entre a comunidade universitaria da Universidade de Vigo así como dar a coñecer ás actividades que desenvolven as entidades sociais coas que colabora a nosa universidade.

A xornada será virtual a través do campus remoto, as chaves de acceso serán proporcionadas as persoas, unha vez confirmada a preinscrición.

Mais información e inscrición:

https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4896

Recibide un cordial saúdo,

,