Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Augaventura Primavera 2022

Deporte e benestar

21-04-2022 ata: 14-05-2022

Augaventura Primavera 2022

O programa Augaventura ten xa dúas décadas de historia, unha proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte que ten como obxectivo achegar á comunidade universitaria a práctica de actividades deportivas e lúdicas tanto no mar como nos ríos de Galicia. Trátase de ofrecer, nas súas dúas edicións de outono e primavera, a oportunidade de iniciarse en modalidades acuáticas que, doutro xeito, require contar con material deportivo especializado e custoso. Para esta edición de primavera o programa comprende oito modalidades diferentes: flyboard, descenso de rápidos (rafting), kaiak+snorquel+andaina, surf, wakeboard, windsurf e mergullo, sendo o pedal surf a principal novidade desta edición.

O prazo de inscrición para as diversas actividades está xa aberto a través do Campus Activo. Os prezos varían segundo sexa para membros da comunidade universitaria, para familiares directos e comunidade alumni ou para  colectivos vencellados á UVigo. Ademais, poden beneficiarse dun 20% de desconto todas aquelas persoas que teñen o Abono Muver activo.

Toda a información e inscricións no seguinte enlace:  https://acortar.link/G55rUw