Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado Fundación Baiuca Verdescente - Dorotea

Información voluntariado

17-03-2022 ata: 31-08-2022

Proxecto de voluntariado en colaboración con Fundación Baiuca Verdescente - Dorotea:

Obxectivo xeral: Combater a soidade non buscada na comarca do Deza e xerar dinámicas de compromiso social e voluntariado na comarca do Deza.

 

Obxectivo específico: Crear un espazo de ocio e encontro entre persoas que viven soas ou se senten soas, acadar habilidades sociais e integración social de colectivos en risco de exclusión social.

 

Destinatarios do programa:

Poboación en xeral

 

Perfil das persoas voluntarias: Voluntariado interxeracional, persoas con ganas de aprender e compartir coñecementos.

         

Función do voluntario/a:

As persoas voluntarias terán que acondicionar o espazo, organizar as actividades e implementalas, sempre acompañadas da persoa responsable do proxecto. Ao finalizar o tempo coas persoas usuarias recoller o espazo para que quede do mesmo xeito que se topou. Ademais o primeiro sábado de cada mes realízase unha sesión matinal de 4 horas para preparar as actividades de cada mes de forma conxunta.

 

Actividades que van a desenvolver:            

As actividades serán preparadas polo equipo de coordinación en colaboración coas persoas voluntarias:
- Talleres de alimentación saudable.
- Talleres de benestar emocional e actitude positiva.
- Talleres de mellora da condición física.
- Realizar saídas para coñecer o entorno.

 

Ten contacto con menores: Non

 

Lugar de realización:

Local Social da Asociación Cultural o Cruceiro de Breixa. Centro Social de Breixa S/N
36546-Breixa, Silleda (Pontevedra)

 

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: Mínimo 24 horas, repartidas en diferentes xornadas cada domingo de 15:30 a 19:30 horas

 

Observacións/outros comentarios:

Todo o noso voluntariado recibirá formación previa en:
- Nocións básicas de Voluntariado.
- Igualdade e Non Discriminación no Voluntariado.
- Protocolo Prevención Covid-19 no Voluntariado.

 

Anímate e ponte en contacto con: 

Andrea Dunia Díaz Casal:
600840261 / secretariado@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 14:00 horas de luns a venres

Carolina Delgado García:
637550839 / secretariado@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 16:00 horas de luns a venres

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/124

Podes atopar máis proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public