Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Invitación á Presentación da I Edición do Programa COLMEA DE IDEAS

Área de Emprego e Emprendemento

25-01-2022

Estimada comunidade universitaria.

Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e incorporación de talento ás empresas e a chamada «Innovación Aberta». Esta consiste, basicamente, en lanzar á contorna universitaria un desafío, necesidade ou problema co fin de que o alumnado expoña e desenvolva posibles solucións ou melloras.

Conscientes desta tendencia, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, a través da Área de Emprego e Empredemento, xunto coa Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo, propuxeron a creación dun Programa de Ideas (que bautizamos como Colmea de Ideas da UVIGO) co fin de canalizar aqueles desafíos que empresas e institucións lanzan á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que se poidan propor solucións innovadoras.

Nunha primeira fase da convocatoria recompilamos retos abertos que presentaron distintas entidades, aos que o estudantado, como membros da comunidade universitaria, pode concorrer.

Se queredes coñecer os retos presentados polas empresas participantes e resolver as vosas dúbidas, animamos ao estudantado e aos titores e titoras dos traballos fin de estudos a asistir o mércores día 26 á presentación do proxecto (máis información ao final da mensaxe).

Revisade os retos. O estudantado debe presentar unha idea. Prazo aberto ata o 18 de febreiro!

Para máis información podedes consultar a convocatoria na secretaria virtual desde onde poderase formalizar a solicitude de participación.

Non dubidedes en poñervos en contacto coas abellas que están a traballar na colmea (i.e., o equipo organizador da Área de Emprego e Emprendemento) con calquera dúbida que vos poida xurdir, ben por correo electrónico (colmeadeideas@uvigo.es) ou a través do teléfono 986818710.

Un afectuoso saúdo!

INFORMACIÓN SOBRE O ACTO DE PRESENTACIÓN DA COLMEA DE IDEAS DA UNIVERSIDADE DE VIGO:

Dia: 26 de xaneiro

Hora: 10h

AULA: UVigoTV (Colmea de Ideas)

Enlace: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3051244233

Contraseñas de acceso (como Estudantes): ZHnp8Z2Z

 

Maruxa Álvarez

Directora da Área de Emprego e Emprendemento

Universidade de Vigo

986 818 710