Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para persoal de Servizos Centrais e da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo

Prevención de riscos laborais

25-01-2022 ata: 02-02-2022

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal dos seguintes centros:

  • Edificio Exeria
  • Edificio Ernestina Otero
  • Edificio Miralles
  • Área de Transporte e Distribución
  • Área de Benestar e Saúde
  • Facultade de CC Xurídicas e do Traballo

Como consecuencia da posta en funcionamento do novo Servizo de Prevención Alleo (CUALTIS), a petición da cita para a analítica farase a través da súa propia aplicación.

Prazo para pedir cita: do 25/01/2022 ao 02/02/2022.

Onde se pide cita: CUALTIS https://cutt.ly/VI1IKQC 

Instrucións previas a súa cita https://cutt.ly/pn2w4K7

Guía para solicitar cita a través da web https://cutt.ly/9n2w2vH

Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Vixilancia da Saúde (Edificio Filomena Dato, planta baixa)

Onde pedir o bote para a recollida da mostra de urina: nas conserxerías do Edificio Exeria e da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo

Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.es

No caso de querer cambiar a cita da analítica solicitada (na web) ou a concertada para o recoñecemento médico (na enfermaría), debe chamar ao teléfono da enfermaría 986 813451.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814088.