Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Ruta cultural Camiño Portugués

Deporte e benestar

29-01-2022 ata: 29-01-2022

O vindeiro 29 de xaneiro, sábado, celebraremos a primeira ruta cultural do ano e quinta deste curso académico.

O percorrido parte de Santa María de Oia e finaliza en Baiona despois de percorrer 18,6 Km.

Haberá autobuses que trasladarán ás e aos participantes dende cada un dos tres campus da Universidade de Vigo ao inicio de ruta. O desenvolvemento das andainas, cuxo prezo varía en función do colectivo de pertenza e que van dos 10 aos 20 euros, atenderá ao protocolo de prevención da covid-19 en vixencia neste momento. 

Neste curso optouse por rutas que non esixen grandes desprazamentos e neste caso se inicia a xornada na fermosa aldea mariñeira de Oia, con visita incluída ao seu conxunto monumental e monástico, gozando do camiñar entre cantís paralelos á inmensidade do océano Atlántico. O destino será a vila medieval de Baiona, que nos permite poñer un pé nas Américas.

 

Consulta toda a información en: https://acortar.link/G55rUw