Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Formación para persoal investigador. "Claves para o vídeo divulgativo perfecto"

Información ao PDI

17-01-2022 ata: 24-01-2022

Bo día,

Dentro do plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, titulado “Ciencia de ida e volta”, ofreceremos una nova actividade formativa para persoal investigador. Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación. Trátase dunha formación EN LIÑA para a comunidade investigadora da Universidade de Vigo na que se ofrecerán claves para realizar un vídeo divulgativo perfecto.

PRAZAS

50 prazas*

* As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición e confirmaranse por correo electrónico. No caso de que a demanda supere a oferta, xerarase unha lista de agarda ante posibles baixas.

DATAS

  • 26 de xaneiro de 10:30 a 12:30 horas
  • 27 de xaneiro de 10:30 a 12:30 horas

INSCRICIÓN

Do 17 ao 24 de xaneiro de 2022

Pincha aquí para cubrir o formulario de inscrición

IMPORTANTE: rogamos que se informe á organización o antes posible no caso das persoas que teñan praza e que non poidan asistir á formación para ofrecer a súa vacante ás outras persoas que están na lista de agarda

CONTIDOS

A actividade ofrecerá ao persoal investigador formación sobre como realizar un vídeo divulgativo de calidade, como subilo correctamente a YouTube e como mellorar o seu visionado.

MÉRCORES, 26 DE XANEIRO

Módulo de comunicación

  • Adaptación da mensaxe ao medio e ao público obxectivo
  • Como facer que atopen o teu vídeo
  • Consellos para escribir o guión, gravar e editar

XOVES, 27 DE XANEIRO

Módulo técnico

  • Iluminación e son
  • Edición
  • Miniatura para YouTube
  • Proceso de subida a YouTube

FORMADORA

Clara García é Licenciada en Bioquímica e Doutora en Neurociencia pola Universidad de Barcelona. Actualmente adícase á comunicación científica en diferentes formatos. É a creadora da canle de YouTube “Cerebrotes”, onde divulga sobre neurociencia e psicoloxía e a co-creadora do podcast de divulgación de química e neurociencia “Mentes Covalentes”. Ademais, axuda a persoas realizando o doutoramento a coidar a súa saúde mental no seu proxecto de Instagram de “El viaje del doctorado”. Igualmente, Clara traballou como escritora científica e redactora médica para diferentes empresas internacionais.

Se tes algunha dúbida, contacta por favor con ucc@uvigo.es ou no 986 130 281/ 986 130 263.

Un saúdo,

 

Lucía e Marta

Unidade de Cultura Científica e da Innovación