Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Peche cribado pooling PCR por saliva_14/01/2021_ Datos definitivos

Información xeral

14-01-2022 ata: 18-01-2022

Segundo os datos facilitados pola Fundación Biomédica sobre o Pooling-Uvigo, unha vez analizada a totalidade das mostras, detectáronse 18 positivos. 

Infórmase que xa están notificados ás persoas afectadas e ás autoridades sanitarias competentes.

É importante que teña en conta que a non detección, non exclúe completamente a infección por coronavirus, polo que se deben manter de forma estrita as medidas preventivas adoptadas pola súa empresa e as decretadas polas autoridades sanitarias.

Esta proba non é diagnóstica, polo que en caso de que algunha das persoas participantes teña sospeita de infección por coronavirus, debe acudir ao seu centro de referencia para realizar os estudos oportunos.