Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Admisión provisional_PTA 21 convocatoria interna

Recursos Humanos de I+D

14-01-2022

No día de hoxe publícase no taboleiro de anuncios a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2022 pola que se publica a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas para a selección de candidaturas para que a Universidade de Vigo solicite axudas para a convocatoria 2021 do Programa estatal para desenvolver, atraer e reter talento no Ministerio de Ciencia e Innovación. 

O prazo para presentar as alegacións remata o 21 de xaneiro de 2022.

As persoas interesadas poderán presentar tamén nesta fase documentación acreditativa da experiencia e méritos alegados na súa solicitude que non presentasen no seu momento, sen que sexa posible a actualización do curriculum vitae.