Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Ampliación do prazo de preinscrición ate o 26 de xaneiro: Curso Axenda 2030_Axentes do Cambio

Cursos e exames

01-02-2022 ata: 28-02-2022

Amplíase o prazo de preinscrición do curso ate o 26 de xaneiro : Axenda 2030 _Axentes do Cambio 

O Curso "Axenda 2030. Axentes do cambio" ten unha duración de 30 horas e vai dirixido ao alumnado da Universidade de Vigo que teña un forte compromiso coa protección do medio ambiente e coa erradicación das desigualdades.

O principal obxectivo deste curso é formar a estudantes para que coñezan a Axenda 2030. Esta actividade pódese complementar con  unha acción de voluntariado, que se desenvolverá a partires de marzo para dar a coñecer a Axenda 2030 e sensibilizar á comunidade universitaria sobre os seus 17 ODS mediante paneis informativos e a organización de actividades. 

O curso contará con 30h de formación virtual en MOOVI na que o alumnado accederá aos contidos sobre a Axenda e a vídeos explicativos. As/os estudantes terán unha participación activa a través de foros de debate online e contarán en todo o momento co asesoramento e titorización do equipo docente tanto para elaborar as actividades como para resolver dúbidas.

  • Módulo 1. Comprendendo a Axenda 2030
  • Módulo 2. As persoas
  • Módulo 3. O planeta
  • Módulo 4. Unindo ás persoas e ó planeta

 

Características do curso:

  • Data de celebración: Dende o 1 de febreiro a 28 de febreiro
  • Modalidade: Virtual  se celebrarán a través da plataforma MOOVI.
  • Destinatarios: Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo.
  • Prezo­: Gratuíto.
  • Duración:  30 horas.
  • Recoñecemento: 1 ECTS  (Obterase un crédito adicional pola participación na acción de voluntariado Axentes do Cambio que terá lugar a partir de marzo)
  • Inscrición: En Bubela.  O prazo de preinscrición está aberto dende o 5 ate o día 24 de xaneiro de 2022 .
  • Enlace preinscrición Bubela : https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=ver_edicion_descripcion&tab=LC&id_edicion=4780
  • Criterios de selección : por rigorosa orde de inscrición.

Máis información.

Área de Responsabilidade Social e Cooperación

986130261

direc.rsco@uvigo.es