Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Calendario da Unidade de Igualdade 2022

Unidade de Igualdade

12-01-2022

A Unidade de Igualdade quere agradecer, un ano máis, a boa acollida e a difusión do almanaque de mesa do 2022 «E as mulleres entraron na universidade».

Tamén queremos informar de que aínda temos copias físicas dispoñibles. Para acceder a elas, calquera persoa da comunidade universitaria, debe dirixirse directamente á Unidade de Igualdade a través de calquera destas canles:

Correo-e: igualdade01@uvigo.gal

Teléfono: no 986 813 419

Presencialmente, no 1º andar do Edificio Ernestina Otero do Campus universitario de Vigo.