Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Calendario 2022/23 para estudos propios = 15ECTS

Cursos e exames

11-01-2022 ata: 06-04-2022

A Comisión de Estudos Propios aprobou un calendario para a proposta de títulos propios de 15 ou máis ECTS (experto, especialista ou máster) que teñan previsto o seu inicio no primeiro cuadrimestre do curso 2022/23, de acordo co Regulamento dos Programas de Formación Permanente da Universidade de Vigo.

 

Este calendario, que permitirá facer unha oferta coordinada e unha difusión máis eficiente dos títulos propios, pode consultarse na seguinte ligazón:

 

http://eafp.uvigo.gal/docs/Calendario_solicitude_TP_primeiro_cuadrimestre_2022_23.pdf

 

Os documentos necesarios para realizar as propostas, están dispoñibles en: http://eafp.uvigo.gal/gl/participa/proposta-titulo-propio/

 

Para calquera dúbida ou consulta, por favor, diríxase ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao: negociado.formacionpermanente@uvigo.gal o á Escola Aberta de Formación Permanente: eafp@uvigo.es