Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Roteiros Ornitolóxicos

Información xeral

10-12-2021

A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra ten a ben convidarvos a participar nos “Roteiros Ornitolóxicos” que se desenvolverán os vindeiros 10 e 18 de decembro. Con inscrición gratuíta, en cada unha destas xornadas realizarase un percorrido polo complexo intermareal Umia-O Grove dirixido a iniciar na observación de aves a todas as persoas interesadas.

Estas rutas ornitolóxicas levaranse a cabo entre as 9.30 e as 13.30 horas, con saída desde a marquesiña situada fronte á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra. A actividade está aberta en cada unha das xornadas a un máximo de 50 persoas e as prazas cubriranse por orde de inscrición. Esta pode realizarse a través do correo electrónico oma.po@uvigo.es, debendo indicar na mensaxe a data escollida.

En anexo envíase o cartel identificativo da actividade.