Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Axudas para recualificación do SUE_Resolución de concesión provisional do ámbito Científico e Ciencias da Saúde

Recursos Humanos de I+D

11-11-2021

No día de hoxe publícase no taboleiro de anuncios da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 11 de novembro de 2021 pola que se conceden provisionalmente as axudas para a recualificación do sistema universitario español 2021-2023 no ámbito Científico e de Ciencias da Saúde. 

As persoas interesadas poderán formular alegacións contra esta resolución no prazo de 10 días hábiles a partir de mañá.

As alegacións deben ser presentadas pola sede electrónica da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia SXER. Alegacións.