Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Seminario web “Escalada cara aos datos de investigación en aberto” (Semana do Acceso Aberto 2021)

Información ao PDI

28-10-2021 ata: 28-10-2021

A Biblioteca Universitaria, dentro das actividades da Semana do Acceso Aberto 2021 convoca o Seminario web “Escalada cara aos datos de investigación en aberto”.

Data e horario: xoves 28 de outubro, de 11:00 a 12:00 h.

Descrición: que entendemos por datos de investigación? Que significa compartir datos? Como facelo? Que significa ser fair? Como xestionar os meus datos para cumprir cos principios fair? Como despexar os mitos que alimentan as reticencias para compartir os datos de investigación? Que políticas institucionais, gobernamentais ou de axencias  financiadoras puxéronse en marcha para compartir e abrir os datos de investigación?  Estas e algunhas outras cuestións acerca dos datos de investigación nun contexto de ciencia aberta (open science) serán as que se abordarán ao longo desta charla/seminario. 

Impartido por: Remedios Melero, doutora en ciencias químicas e investigadora do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Forma parte do Grupo de investigación Acceso abierto a la Ciencia e da rede Maredata (Red Española sobre Datos de Investigación en Abierto).

Dirixido a: persoal investigador e calquera persoa interesada nestas temáticas.

Participación: realizarase a través de Campus Remoto (UVigoTV-Sala 1). O acceso é libre ata completar a capacidade e non require clave de acceso do estudantado. Unha vez acadado o límite de 150 persoas, o sistema denegará o acceso. Instrucións de acceso.

Máis información: Semana do Acceso Aberto 2021

Para máis información, contacte con:

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36200 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.es