Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Obradoiro presencial da base de datos SciFinder-n (Biblioteca Universitaria)

Información ao PDI

19-10-2021 hasta: 19-10-2021

A Biblioteca Universitaria e CAS organizan un obradoiro presencial en español sobre Scifinder-n

SciFinder-n é a nova plataforma de acceso ás bases de datos de Chemical  Abstracts (CAS). Ofrece unha interface sinxela e moi fácil de utilizar, máis contido e novas funcionalidades, como o módulo de retrosíntese e PatentPak, entre outras novidades.

Data: 19 de outubro 
Lugar: Facultade de Química 
Horario: de11:00 h. a 12:30 h.
Formadora: Dr. Míriam Plana Senior Customer Success Manager CAS

Dirixido a: alumnado e persoal investigador de ciencias: Química, Enxeñaría Química, Bioloxía, Medicina, Física, Ciencias da Saúde, Ciencias dos Materiais, Farmacia, etc.

Inscrición: enviar un correo-e a referencia2@uvigo.gal co asunto: Inscrición obradoiro SciFinder-n UVigo *(as prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición).

Contidos:

  • Exercicios de busca por referencia, substancia e reacción.
  • Uso do módulo de Retrosíntesis.
  • Resolución de dúbidas.

Certificado: CAS expedirá un certificado de asistencia.

Para calquera dúbida, por favor diríxase a:

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central, Campus Lagoas-Marcosende
36200 Vigo
Tel. 986-813843
referencia@uvigo.es
Twitter: @saibuvigo