Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornadas de Formación Extraordinaria en liña de Scopus (18-29 de outubro)

Información ao PDI

18-10-2021 ata: 29-10-2021

A Biblioteca informa que entre o 18 e o 29 de outubro terán lugar as xornadas de Formación Extraordinaria en liña de Scopus.

Ofértanse  10 cursos gratuitos, de 60 minutos de duración, que se repiten en horario de mañá e tarde:

  • Introducción a Scopus
  • Scopus: busca por materia
  • Scopus: perfil de autor e institucións
  • Scopus: Métricas
  • Scopus: Cite Score
  • Scopus: sources e comparación de revistas
  • Scopus: busca avanzada
  • Scopus: traballando cos resultados
  • Máis alá de Scopus: aproveitando oos recursos de Scopus
  • Scopus: Pregunta & Respuesta-LibGuide

Poden atopar a convocatoria completa na seguinte ligazón: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/noticias/formaci%C3%B3n-extraordinaria-online-scopus-18-29-de-octubre-2021

Xa está aberto o prazo de inscrición que deberá facerse cunha conta de correo institucional e indicando os datos persoais (datos que aparecerán no certificado de asistencia). 

Inscrición: https://www.recursoscientificos.fecyt.es/servicios/formacion/online

As formacións celebraranse a través da ferramenta  GoToWebinar, e poderán seguirse no PC ou no móbil instalando a aplicación gratuíta GotoMeeting.

Ao finalizar as xornadas de formación, Scopus enviará aos asistentes unha enquisa de satisfacción e ao cabo de tres semanas aproximadamente, vía correo electrónico, un certificado de asistencia.

Biblioteca Universitaria
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal