Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CITMAga | Convocatoria vinculación

Información ao PDI

07-10-2021 ata: 23-10-2021

Convocatoria para a vinculación de persoal investigador ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga)

 

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) pon en marcha a convocatoria de vinculación de persoal investigador. As persoas que desexen solicitar a vinculación ao CITMAga deberán remitir a citmaga@citmaga.gal, antes do día 22 de outubro ás 14:00 horas, un CV abreviado (por exemplo, CVN) e unha memoria científica breve (máximo 2 páxinas) que recolla os seus intereses científicos e as súas posibles achegas ao CITMAga de acordo coa axenda científica do centro.

 

Un saúdo,

Rosa M. Crujeiras - Directora Científica de CITMAga

Javier Roca - Director Adxunto de Transferencia de CITMAga