Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector) - Fundación Meniños

Información voluntariado

05-10-2021 ata: 30-04-2022

Comunícase o seguinte Proxecto de voluntariado no que podes participar: LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector) - Fundación Meniños

 

O período de desenvolvemento: Do 04/10/2021 ao 31/05/2022.

 

Os obxectivos xerais:

Este proxecto ten como obxectivo incrementar o éxito educativo, a través da promoción das competencias lectoras de nenos e nenas de 4º a 6º de primaria, a través dun enfoque multidimensional implicando a escolas, familias, estudantes e mobilizando e corresponsabilizando á cidadanía. Este obxectivo conséguese coas persoas voluntarias como piar fundamental implicando ás persoas da contorna próxima ás escolas, converténdoas en referentes e mentores de rapazas e rapaces, coa coordinación, xestión e acompañamento da Fundación Meniños como impulsora do proxecto, ofrecendo oportunidades a quen máis o necesita, contando con metodoloxía e materiais específicos para a formación inicial e continua das persoas voluntarias, o desenvolvemento das tarefas do voluntariado e a coordinación e acompañamento aos estudantes, ás escolas e ás familias durante todo o curso escolar.

 

Os obxectivos específicos do programa de voluntariado son:

A través de materiais específicos e dunha metodoloxía probada e avaliada pola Fundación Bofill, a entidade promotora, neste caso a Fundación Meniños crea rede movilizando e implicando á cidadania, á comunidade e ás familias en torno á educación, xerando un alto impacto a través da creación dun entorno favorable de oportunidades e diversidade en torno á lectura.

 

As persoas voluntarias terán o seguinte perfil: Dispoñibilidade para comprometerse a participar durante todo o curso, interese pola lectura, certificado negativo de delitos sexuais e non é precisa ningunha titulación específica.

 

As funcións do voluntariado que vai a realizar son:

A labor das persoas voluntarias é ser un MENTOR establecendo unha vinculación positiva co neno ou nena a través da relación persoal estable, converténdose nun punto de apoio, nun referente/modelo que actúa á vez sobre varias dimensións, a educativa, mellorando a comprensión lectora e favorecendo o rendemento escolar, a persoal, incrementando motivación, autoestima e implicación social, favorecendo a igualdade de oportunidades, a equidade educativa, a socialización e inclusión social, traballando cos nenos e nenas que máis o necesitan.

 

Actividades: 

A persoa voluntaria é o referente que acompañará a cada neno ou nena na adquisición de competencias lectoras durante unha hora á semana no centro educativo e fóra do espazo lectivo cunha atención individualizada (un neno ou nena, un voluntario ou voluntaria). Son un punto de apoio e un exemplo para os nenos e nenas. Ademais poderá participar en actividades complementarias para a implicación das familias e actividades grupais extraordinarias mais alá das parellas de lectura 1x1, enriquecendo o propio proxecto e tecendo redes con outras entidades e coas familias.

 

Lugar de realización: 

CEIP Virxe Covadonga. Cole CPI Ourense Cibeles, 1, 32001 - CPI Antonio Failde. CPI Coles (Ourense 12KM) Rúa Cambeo, 62, 32100 - CPC Cardenal Cisneros Ourense Rúa Emilia Pardo Bazán, 21, 32004 - CEIP Balaídos Vigo Rúa de Pablo Iglesias, 1, 36210 - CEIP Escultor Acuña Vigo Rúa da Estrada, 10, 36209 - CEIP Vidal Portela Pontevedra Avenida de Buenos Aires s/n, 36002 - CEP Marcos Da Portela Pontevedra Rúa Suecia, 1. Monteporreiro. 36162

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 1 hora á semana

 

Se estás interesado ponte en contacto con: 

 

Nome e apelidos: Aurora Coego Trinidad

Teléfono móbil: 604024103

Correo electrónico: lecxit@meninos.org

Horario de atención e información: Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas

 

Depois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/118

Podes atopar máis proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public