Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Augaventura outono 2021

Deporte e benestar

23-09-2021 ata: 31-10-2021

Augaventura outono 2021
 
Sete actividades, sete formas de mollarse agora que chega o outono. Esta é a proposta da Área de Benestar, Saúde e Deporte que organiza Augaventura, unha iniciativa inserida dentro da oferta deportiva do primeiro cuadrimestre. As actividades comezarán o 9 de outubro e repiten as modalidades que xa se practicaron na edición do pasado curso académico. Deste xeito, as e os participantes poderán facer flyboard, descenso de rápidos (rafting), surf, wakeboard, windsurf, mergullo e, ademais, realizarán unha ruta pola illa de San Simón que combina kayak, andaina e snorkel.  
Trátase dunha proposta creada hai 20 anos que ten como finalidade achegar a práctica de actividades acuáticas que requiren material especializado e custoso á comunidade universitaria e ás persoas alleas. Grazas a este programa, as e os interesados poden iniciarse nestas modalidades a prezos accesibles. 
As inscricións poderán realizarse dende hoxe mesmo a través do Campus Activo e están abertas ás e aos membros da comunidade universitaria, así como tamén persoas alleas á mesma, con prezos diferentes segundo a que grupo se pertenza ou se se está en posesión dun abono Muver ou non.

Toda a información, tarifas, público ao que vai destinado, etc, en:  https://campusactivo.uvigo.gal/campusactivo/publica/actividad/lista.xhtml?tagsobligatorios=true&idstags=435%2C9&estados=PENDIENTE_INICIO%2CEN_CURSO