Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición do curso Introdución á linguaxe con Python para a docencia universitaria

Formación de Profesorado

26-07-2021 ata: 06-09-2021

Comunicámoslle que o vindeiro luns 26 de xullo ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición do curso Introdución á linguaxe con Python para a docencia universitaria.

 

Esta actividade formativa de 25 horas desenvolverase do 15 de setembro ao 15 de outubro en modalidade virtual asíncrona a través da plataforma Moovi. E terá dúas sesións síncronas a través do Campus remoto (15 de setembro de 16 a 17 horas e 1 de outubro de 16 a 17 horas).

 

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.