Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CERTIFICADO RENDA 2020

Información xeral

25-03-2021

En aplicación do previsto no artigo 108.3 do Regulamento do IRPF, a Universidade de Vigo expediu as certificacións correspondentes ás retencións practicadas e ingresos a conta e demais datos necesarios aos efectos da declaración anual do IRPF do persoal vinculado coa Universidade.

O persoal poderá obter e imprimir o seu certificado de retencións e ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (segundo mod. 190) correspondente ao exercicio 2020 na Secretaria Virtual e accedendo á consulta do certificado de renda exercicio 2020.