Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VII XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. Desigualdades de xénero en tempos de COVID

Unidade de Igualdade

24-03-2021

Apertura de presentacións de comunicacións para a VII XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO (XUGeX). Desigualdades de xénero en tempos de COVID que se realizarán o 10 e 11 de xuño de 2021 de xeito virtual.

Nesta sétima edición centrámonos en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres; así como a importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

Áreas temáticas:
A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:

-Violencias contra as mulleres (oficina.igualdade@udc.gal)
-Mulleres, investigación e COVID ( igualdade@uvigo.es)
-Perspectiva de xénero na docencia universitaria (oix@usc.gal)

Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 30 de abril de 2021